Gadis reúne máis de 150.000 quilogramos de alimentos na súa campaña Maio Solidario
Gadis reuniu máis de 150 mil quilos de produtos alimentarios básicos na súa 12ª campaña Maio Solidario grazas á solidariedade da súa clientela. Unha edición na que a compañía aumentou a súa contribución até os 30.000 quilos para facer fronte aos desafíos actuais dos bancos de alimentos
Aliviar a situación de vulnerabilidade que atravesan miles de familias da Galiza e Castela e León é a fin desta axuda, á que hai que sumar os 49.873 euros doados polos clientes desde o 2 de maio até 1 de xuño, datas nas que estivo en marcha a acción en 201 puntos de venda de ambos os dous territorios.
O Banco de Alimentos da Coruña, Ferrol, Santiago (Balrial), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora serán os encargados de xestionar agora a repartición dos alimentos e a recadación económica a través das asociacións e ONG coas que colaboran de maneira habitual. Esta constitúe unha axuda que chegará a máis de 100.000 persoas que o necesitan.
A directora de Mercadotecnia e RSC de Gadisa Retail, Melisa Pagliaro, o director de Comunicación, José Luís Fernández Astray e a coordinadora de RSC, Lucía Santos, realizaron unha entrega simbólica ao presidente do Balrial, Manuel Moura, que acudiu á sede central da compañía en representación do once entidades beneficiadas.
En nome de todas elas, agradeceu a Gadis que continúe levando a cabo 'Maio Solidario' porque lles permite seguir apoiando a numerosos colectivos de desfavorecidos. Tamén estivo presente Pilar Aneiros, responsable de voluntariado de Balrial.
Pola súa pate, Gadis puxo en valor a solidariedade que sempre mostra a súa clientela en especial con 'Maio Solidario', a presenza de voluntariose voluntarios nos puntos de venda para atraer máis doazóns, así como a implicación de todo o equipo humano.