Galiza Nova di que se destruíron 83.000 empregos xuvenís na 'era Feijóo'

Alberte Mera, secretario xeral de Galiza Nova

Emigración, a precarización das condicións de traballo e o empobrecemento dos salarios acompañan o mercado laboral da mocidade, denuncian.

Galiza Nova sinala que desde 2009, ano do triunfo de Núñez Feijóo, “hai 83.300 mozos e mozas menos con traballo”. A serie histórica da EPA confirma a destrución dun 40% dos empregos xuvenís no último sexenio, engaden desde a organización xuvenil do BNG. Para reverter esta situación e recuperar o nivel de ocupación anterior á crise, sería preciso que o ritmo de creación de emprego do último trimestre se mantivese nesa mesma proporción o próximo ano e medio (6 trimestres). “Algo que sabemos non vai acontecer, toda vez este mesmo ano se rexistraron descensos no número de ocupadas” explican.

“En setembro de 2015 había 93.100 mozas e mozos menos no noso país que seis anos antes”. Unha situación que visa o alcance real da “enxurrada migratoria que padece a mocidade galega”

Aliás, Galiza Nova pon o foco na grave perda de poboación xuvenil rexistrada nos últimos anosno noso país. Así, segundo datos da EPA, citados por esta organización a poboación galega de entre 16 e 29 anos reduciuse desde o terceiro trimestre de 2009 até agora nun 21,70%. “En setembro de 2015 había 93.100 mozas e mozos menos no noso país que seis anos antes”. Unha situación que visa o alcance real da “enxurrada migratoria que padece a mocidade galega”: a saída forzosa, por falla de oportunidades laborais e económicas, de 70 mozos e mozas cada día nos últimos catro anos.

Rachar coa dependencia

Neste contexto, as mocidades do BNG presentaron unha nova campaña que baixo o lema 'Racha coa dependencia, traballo e liberdade para a mocidade galega' inclúen unha dinámica mobilizadora e de concienciación nacionalista para enfrontar desde a mocidade a situación de dependencia de Galiza. “Necesitamos soberanía para conseguir traballo e futuro na nosa terra” afirmou Alberte Mera, secretario xeral de GN