O goberno español quere acoutar o micremecenado

.

O goberno español regulará e limitará o micromecenado. Cada inversor/a poderá aportar un máximo de 3.000 euros e 6.000 por plataformas. 

O anteproxecto de lei para o fomento da financiamento empresarial aprobado polo goberno de Rajoy inclúe a regulación do micromecenado en plataformas dixitais, ámbito no que se estaban a desenvolver cada vez con maior auxe en especial proxectos de carácter cultural. O ministro Luís De Guindos adiantou que o anteproxecto sitúa en 3.000 euros o límite para quen inviste e o máximo anual por plataforma será de 6.000. 

O goberno indica tamén que impulsará unha nova maneira de financiamento directo que están a desenvolver. A transparencia e a seguranza no investimento foron os argumentos empregados polo ministro para defender a nova limitación do coñecido como crowfunding .