O goberno volve botar man do Fondo de Pensións e retira 1.000 millóns. A este ritmo, a caixa esgotararse en 2017

vellos

Esta caixa baleirouse un 62% desde a chegada de Rajoy ao poder. As previsións son que se esgote en 2017.

O goberno español sacou mil millóns de euros do fondo de reserva das pensións, que vén sumarse aos 8,700 millóns que retiraron desa caixa a principios de mes. Son pois 9.700 millóns de euros. A caixa fica así con 24.207 millóns de euros, un 62% menos que cando Mariano Rajoy chegou ao poder en 2011

De seguir este ritmo, alertan os expertos, o fondo esgotarase no 2017. Hai que lembrar que 11.500 millóns de euros foron retirados en 2015 oe 15.300 millóns foron sacados durante o exercicio 2014. As previsións de expertos e economistas é que esta práctica de retirar cartos da caixa vaise manter a corto e medio prazo. E xa só fican 24.000 millóns de euros, unha cifra tan baixa non se rexistraba na última década. 

As achegas no Estado español para pensións están por baixo da media que destinan os estados europeos. Por contra, o que se destina a elas está por baixo do que destinan en Europa. De aí que os economistas insistan en que o problema non está no gasto mais nos ingresos. Embora o aumento de afiliados nos últimos trimestres, as cotizacións para o fondo de pensións son baixas por mor da precariedade laboral e baixos salarios.