A gran banca europea obtén 26% dos seus beneficios en paraísos fiscais

Son 25.000 millóns de euros de ganancia, segundo un estudo de Fair Finance e Oxfam. Algo, sosteñen, “nada acorde”coa actividade económica real das entidades financeiras nesas xurisdicións.

26% dos beneficios dos principais bancos europeos obtense en paraísos fiscais, uns 25.000 millóns de euros. Este é un dos datos que veñen de presentar Fair Finance Guide Internacional e Oxfam nun estudo titulado ‘Banco no exilio’. Esta porcentaxe, denuncian non é “nada acorde” coa actividade económica real que estas entidades financeiras realizan neses territorios.

O informe céntrase nos 20 maiores bancos europeos, entre os que se atopan os españois BBVA e Santander, o alemán Deutsche Bank ou o francés BNP Garaibas. O estudo explica que algúns bancos empregan estes paraísos para evitar o pagamento de impostos que lles corresponden e facilitar clientes safar de “certos requisitos legais”.

Así, se ben os paraísos fiscais representan o 26% dos beneficios destes vinte bancos, non representan máis alá de 12% da súa facturación e por volta de 7% do seu persoal. Un empregado medio dunha destas entidades nun paraíso fiscal xera uns beneficios de máis de 171.000 euros ao ano, o que supón multiplicar por catro a dun empregado medio.

Para facer este documento tívose en conta aqueles países que non aplican o imposto de sociedades, unha listaxe na que figuran Bahamas, Bahréin, Bermudas, Illas Caimán, Vanuatu e as Illas Virxes Británicas. Aquí os granes bancos europeos lograron beneficios por máis de 383 millóns de euros  polos que non pagaron nin un so euro en impostos.

Tamén países como Panamá, onde a venta de produtos ou servizos fóra do país está libre de taxas, figura neste traballo. Así como o estado de Delaware  están domiciliadas 59% das filiais bancarias europeas en Estados Unidos. Aplica o secreto bancario. Non cobra imposto de sociedades.

Territorios con marcos tributarios laxos, como Singapur, Irlanda e Luxemburgo, canda Hong Kong e Bélxica, concentran a maior parte das ganancias destes grandes bancos europeos.