Só no semanario

Imposto de Sociedades na Galiza: unha fuga de 1.400 millóns

Na actualidade operan na Galiza máis de 3.800 empresas que teñen a súa sede fiscal no exterior. A meirande parte delas está en Madrid, que se beneficia do efecto capitalidade e doutros mecanismos que para moitas e moitos economistas constitúen un claro exemplo de dumping fiscal. Dedicámoslle unha ampla reportaxe ao Imposto de Sociedades no Sermos Galiza 232, xa á venda nos quiosques e na loxa. Eis un extracto.

Desde hai uns anos, boa parte de quen se dedica a analizar a economía centra os seus esforzos en “demostrar” as consecuencias que tería para a economía de Catalunya unha eventual culminación do proceso independentista. As balanzas fiscais constitúen tan só unha das patas do banco alarmista, mais non a única: a suposta “fuga” de empresas cara a outras zonas do Estado –nomeadamente Madrid- xorde de xeito recorrente nos medios de comunicación para alertar da futura “desfeita”.

Endesa é unha das 3.874 empresas que operan na Galiza e que, segundo o Instituto Galego de Estatística, teñen a súa sede fiscal fóra do país. Canda Citröen (non se coñece o dado preciso, mais eludiu unha multa de 150 millóns por supostas irregularidades no devengo do imposto entre 2010 e 2015); Fenosa (máis de 500 millóns en 2015), Inditex (2.200 millóns en cinco anos) ou mesmo Audasa (máis de 25), entre outras, Endesa é o paradigma dos prexuízos que lle supón á administración galega controlar só unha parte minoritaria da recadación dos impostos.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 232, á venda nos quiosques e na nosa loxa]