FRUGA

''A industria compra aquí o leite mais barato de Europa a conta de afogar económicamente os gandeiros”

Leite

A Federación Rural alerta do “pesadelo” que viven os produtores polos baixos prezos e presións da industria e reitera que na situación actual non pode haber futuro para as explotacións leiteiras galegas. 

A Fruga considera que os produtores de leite galgos están a vivir “un verdadeiro pesadelo” derivado dos baixos prezos - “nalgúns casos a baixo dos 20 centimos”-, e das “prácticas protagonizadas polas industrias”. Unha situación que, di a Federación, pon en risco o futuro das explotacións leiteiras galegas.

“Nos últimos dias estamos a observar como algún primeiro comprador está a anunciar que vai deixar de recoller importantes cantidades de leite na comarca Deza-Tabeirós, quedando os clientes desta industria nunha situación de indefensión total, sen saber moi ben a quen lle van entregar o leite a partir do dia 1 de Xullo, ou no peor dos casos se van conseguir que haxa algunha industria que se faga cargo deste leite”. Para a organización agraria, esta situación que denuncia debe dar lugar a algún tipo de actuación por parte da administración. Tamén din que Capsa (Peñasanta) “está a comunicarlles os gandeiros que sobrepasan a producción de leite asignada nos contratos(incluido o marxe do 5% de admisibilidade), que poden ter consecuencias negativas, chegando a deixar de recorlle ese leite unha vez sobrepasado o volumen pactado no contrato” .

Casos como estes, afirma a Fruga, amosan a “deixadez de funcións” por parte da administración está a favorecer “de xeito claro as industrias, as cales están a comprar en Galiza o leite mais barato de todo o Estado, e de toda Europa a conta de afogar económicamente os gandeiros de leite galegos”.