José Luis Méndez financiou desde Caixa Galicia o grupo hoteleiro do que é socio

José Luís Méndez

Concedeu un crédito de máis de 10 millóns de euros a unha firma participada por unha empresa da que era socio fundador. Desvélao Economía Digital.

 

José Luis Méndez concedeu, sendo director xeral de Caixa Galicia, un préstamo millonario desta entidade financeira a un grupo promotor do que é socio a título persoal. Méndez López outorgou un crédito de 10.5 millóns de euros a unha firma que estaba participada por Promoción Urbanística Integral, promotora con ese en Tenerife e da que el era socio fundador e na que aínda segue como conselleiro un dos seus fillos. Cóntao o xornalista X.R. Moscoso en Economía Digital.

O financiamentio ía destinado á promoción dun complexo hoteleiro en Mallorca, un proxecto que acabou fanado. O crédito foi traspasado ao ‘banco malo’. En base á información deste medio, Méndez asinou as contas de 2008 da promotora mencioanada, presidida por Vázquez Mariño, que fora conselleiro de Inditex e do Banco Pastor.