Condenan a NGB por vender subordinadas a un bebé

Un xulgado de Ponferrada condena a entidade a devolver 4.800 euros dun contrato de subordinadas no que figuraba como ordenante un bebé de catro meses de idade.

No calote das preferentes e subordinadas hai casos dignos de figurar nun catálogo de esperpetentos. Desde contratos asinados por persoas analfabetas ata os endosados a falecidos, a venda destes activos tóxicos polas entidades financeiras sobordou en máis dunha ocasión a non o legal senón o minimanente aceptábel.

O Xulgado de Primeira Instancia nº4 de Ponferrada, no Bierzo, condenou a Novagalicia Banco (NGB) a devolver perto de 5.000 euros dun contrato de obrigas subordinadas nas que figuraba como ordenante un beé de catro meses.

O xulgado declarou nulo este contrato e condenou a NGB a pagar o interese legal dos cartos desde a data de subscrición dos valores, así como as costas do procedemento. Na sentencia incídese en que a orde de subscrición está a nome de dous titulares nunha conta asociada mais a persoa odenante é un bebé de catro meses.