Novas mobilizacións na Galiza para reclamar pensións “públicas e dignas”
Esta quinta feira, en seis cidades galegas, convocadas polo colectivo de xubilados e pensionistas da CIG.
O colectivo de xubiladas e xubilados e pensionistas da CIG chama a mobilizarse nesta quinta feira, día 28 de novembro, dando continuidade a campaña “Por unhas pensións públicas dignas e garantidas”.
O colectivo lembra que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado e que as mulleres son as máis prexudicadas. Entre as demandas, exixen a derrogación das reformas de 2011 e 2013 para que se garanta o futuro para as pensións.
Hora e lugar:
Compostela: 19:00 horas Praza do Toural
Vigo: 19:00 horas Farola de Urzaiz
A Coruña: 12:00 horas Obelisco
Lugo: 19:00 horas Praza Maior (concello)
Ourense: 20:00 horas Parque de San Lázaro (diante do INSS)
Pontevedra: 20:00 horas Praza da Peregrina