O número de 'mega-ricos' no Estado español aumentou en 105 nun ano

Un informe sobre grandes fortunas mundiais cifrou en 1.625 os 'ultra-millonarios' españois (dos cales 1.131 residen en Madrid). Teñen un patrimonio superior aos 25 millóns de euros.

Hai 1.625 persoas no Estado español que integran o selecto clube dos 'mega-ricos', que é como se denomina a aquelas cun patrimonio superior aos 23 millóns de euros. Son un 7% máis das que había en 2012, cando este exclusivo círculo tiña 105 soci@s menos.

Un informe da publicación Wealth-X e o banco suízo UBS sobre grandes fortunas mundiais permite comprobar como en plena vaga de recortes e medidas lesivas para dereitos e condicións laborais e sociais da maioría, a cifra de 'ultra-ric@s' ía aumentando.

O Estado español é, segundo este estudo, o sexto de Europa con maior número de grandes fortunas, só superado por Alemaña, Reino Unido, Suíza. Francia e Italia. A maioría das persoas mega-millonarias do estado español residen en Madrid (1.131). Só na capital española viven máis persoas 'ultra-ricas' que en toda Suecia (1.070) ou Portugal (870).

Cousa de homes

O informe tamén desvela que o 88% dos grandes patrimonios multimillonarios a nivel do planeta están en mans de homes. Outro dado: O 65% dos grandes patrimonios pertencen a individuos, e o 35% restante a familias.

O informe foi publicado hai uns meses mais as súas conclusións volveron se poñer de relevo pola xuntanza de estudosos da riqueza en Londres.