O Banco de España aproba a recapitalización de NGB
03 de xullo de 2012 (22:24 h.)
O órgano regulador bancario tría dado o visto bo ás catro opcións prospostas por Novagalicia Banco, que non desvelou por cales delas optará
O presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano mantivo unha xuntanza con representantes dos e das traballadoras da entidade, aos que informou de que o Banco de España aprobou as propostas de recapitalización ofrecidas por NGB: Subasta pura con esquema de protección de activos (EPA); subasta en concorrencia competitiva e EPA con entrada de investidores privados; capitalización pública, e combinación de capital público e privado ( entrada de 1.000 millóns en obrigas convertíbeis en accións).
Non se desvelou que opción será pola que se decida NGB.