As 7 principais economías mundiais preocupadas con España

Representantes das 7 principais economías mundiais e dos bancos centrais deses países manteñen contactos para analizar a crise europea e moi especialmente a crise bancaria espoñola, preocupados polas súas consecuencias a nivel internacional

Non será unha xuntanza ao uso, pois farase por videoconferencia, mais a mesma terá todo o calado de calquera das anteriores citas do G7, o selecto grupo  formado polos sete países coas economías máis fortes. Os representantes de EEUU, Xapón, Canadá, Alemania, Francia, Reino Unido e Italia, así como dos bancos centrais destes países, abordarán con especial atención a crise bancaria española e Bankia.

Segundo recollen diversos medios internacionais, existe unha gran preocupación pola inestabilidade e consecuencias que o 'crack' de parte do sistema financeiro español pode ter a nivel non só europeo, senón mesmo alén do vello continente.

Neste sentido, unha das preocupacións centraríase na fuga de depósitos de España. Non obstante, e pese a que as grandes potencias económicas comparten preocupación o que semellan non partillar é solucións aos problemas, de aí que non se agarden grandes novidades da cita do G7

G20

Quen tamén manterá unha xuntanza de importancia será o G20, a vindeira semana en México. Nesta xuntanza hai países que xa manifestaron que exporán a súa aposta porque aqueles países que, como Alemaña ou Canadá, teñen capacidade fiscal, que acheguen máis para axudar á Eurozona a sair da crise