O PP non deixa pasar ningunha emenda aos orzamentos
Sen novidade na fronte parlamentar. O PP aplica o rodiño,máis unha vez, e as achegas e propostas da oposición (sexan de PSOE, AGE ou BNG) fican en papel mollado. Volveu acontecer esta segunda feira, desta vez na Comisión de Economía; Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galiza. Unha cita previa ao retorno dos orzamentos para 2013 ao pleno e na que o PP volveu empregar a súa maioría absoluta para rexeitar as enmendas a debate.
Os orzamentos de 20134 "teiman nas políticas de austericidio, que só producen máis paro e desigualdade", denunciou Aymerich (BNG)
"Se os orzamentos que entran son idénticos aos que saen, isto non é un Parlamento, é unha oficina de trámite" sinalou Beiras (AGE)
O voceiro do BNG na comisión, Carlos Aymerich, calificou de "continuistas" os orzamentos, denunciando que os mesmos "teiman nas políticas de austericidio, que só producen máis paro e desigualdade". Estes orzamentos só "van agravar a crise".
Desde o PSdeG-OE lamentaron que malia, durante todo o proceso de tramitación das contas autonómicas, ter presentadas máis de 500 enmendas, a práctica maioría tiveron o non por resposta. AGE, a través de Xosé Manuel Beiras, indicou que "se as contas que entran son idénticas ás que saen, isto non é un Parlamento, é unha oficina de trámite", criticando que "vostedes (ao PP) non aceptaron ningunha enmenda relevante" da oposición.
"Se os orzamentos que entran son idénticos aos que saen, isto non é un Parlamento, é unha oficina de trámite" sinalou Beiras (AGE)
PSdeG-PSOE, BNG e AGE coincidiron en lamentar a actitude do PP de se limitar a facer valer a súa maioría absoluta para sacar adiante os orzamentos sen sequer "molestarse" en ter en conta as enmendas e achegas presentadas. "Por favor, non ofendan máis á intelixencia", emprazou Beiras aos conservadores.
Desde as fileiras populares, Pedro Puy, voceiro na comisión de Economía, limitouse a defender as contas "tal e como están" e a lembrar a maioría do PP.