Un total de 65 granxas galegas piden no segundo prazo as axudas para reducir produción leiteira

Explotación leiteira

Representan o 51% do total de solicitudes feitas no conxunto do Estado.

Un total de 65 explotacións leiteiras galegas se sumaron, no segundo prazo, á solicitude de axudas da Unión Europea para rediucir a súa produción leiteira. Representan o 51% do total de peticións feitas no conxunto do Estado neste sentido, 127 granxas. As explotacións galegas comprométense a reducir por volta de 783 toneladas de leite. A cifra a nivel de Estado é de 2.132 toneladas menos. O prazo para acollerse ao segundo período de redución finalizou o pasado día 12 e as reducións na produción deberán realizarse nos vindeiros meses de novembro, decembro e xaneiro.

No primeiro prazo foran 781 as explotacións leiteiras galegas que se acolleran a estas axudas, representando o 49% das solicitudes de todo o Estado, 1.567. O compromiso dos gandeiros galegos que pediron esta axuda de 14 céntimos o litro por deixar de producir foi o de reducir a venta en perto de 10.500 toneladas de leite.