O paro baixa en España en decembro mentres aumenta en Galiza en 209 persoas

O paro aumentou na Galiza

O número de desempregados no noso país é de 271.063, 209 persoas máis que no mes anterior e 7.724 menos que a finais de 2012. Mais nese mesmo período a afiliación á Seguridade Social reduciuse en máis de doce mil persoas, o que mostra o grao de destrución de emprego en Galiza. 

A cifra de desempregad@s redcíuse en decembro no Estado español en 107.570 persoas. Unha baixada do paro que se produciu na inmensa maioría das autonomías do Estado español. Mais non en Galiza. No noso país decembro pasou deixando 209 nov@s parad@s.

No país hai agora 271.063 persoas rexistradas nas oficinas de emprego. Son 7.724 menos que hai doce meses. Mais nese período a afiliación a Seguridade Social desplomouse en 12.757 persoas. Así pois, baixa a cifra do paro mais os dados de cotización mostran que se destrúe emprego.Hai agora un 1,37% menos de cotizantes que hai un ano.

Na Galiza hai actualmente un 1,37% menos de cotizantes que hai un ano

A redución da afiliación apunta a fenómenos diversos, desde a emigración ate a parad@s de longa duración que xa non renovan inscripción nas listaxes o ter esgotadas as prestacións,... en todo caso, que en Galiza haxa 13.000 afiliad@s menos á Seguridade Social que hai un ano (unha media, logo, de 1.000 afiliad@s menos por mes) sinala que a perda de empregos mantense malia os anuncios de 'recuperación'.

Agricultura e pesca, industria e construción foron os sectores onde aumentou o desemprego. Só servizos tivo o comportamento contrario

Destrúese traballo

Esta mesma tendencia dase no conxunto do Estado español malia que o número de persoas anotadas nas oficinas de emprego se reducise en 147.385 durante o exercicio 2013. Mais a 31 de decembro había 85.000 cotizantes menos que nesa mesma data de 2012. 

Prestacións

En total en Galiza houbo no mes de novembro 150.076 beneficiarios de algún tipo de prestación, segundo sinala a CIG, o que implica que un total de 120.778 persoas desempregadas non cobraron ningún tipo de prestación. "Unha cifra que mes a mes denota a grave situación pola que atravesan miles de persoas en risco de pobreza e exclusión social".