DADOS DO DESEMPREGO NA GALIZA

O paro rexistrado baixa en febreiro nun 0,56%

O número de persoas inscritas como demandantes de emprego en febreiro é de 257.549. Só 129.667 perciben unha prestación. Nestes 12 meses o paro baixou no noso País  un 8% mais as afiliacións á Seguridade Social aumentaron só un 1,6%

 

Leve descenso do paro rexistrado en Galiza en febreiro após varios meses de incremento, un 0,56%. Hai 257.549 persoas inscritas como demandantes de emprego, 1.453 menos que no anterior mes, xaneiro. Na comparativa interanual (de febreiro 214 a febreiro de 2015) o desemprego descendeu no noso país nun 8%. Porén, nese mesmo período a afiliación á Seguridade Social só aumentou nun 1,65%. Unha diferencia que apunta a que en boa medida a baixada do paro responde non tanto á creación de emprego senón a outros factores (emigración, abandono das listas de demanda de emprego...).

Das 257.549 persoas rexistradas no paro en febreiro só 129.667 están a percibir algunha prestación, o que indica que en torno a metade delas non cobra nada. Un dado preocupante que se mantén mes a mes. Por sectores, o de servizos é o que aglutina o maior número de parad@s rexistrad@s (161.295), seguido de industria (33.311) e construción (33.163). Hai máis de 20.000 persoas anotadas e sen emprego anterior.

En canto a contratos, rexistráronse en febreiro 53.692, dos cales máis de 48.000 eran temporais por 5.136 con carácter indefinido.


Información en actualización