Peche no INEM da asemblea de desempregad@s da CIG

O colectivo demanda políticas efectivas que favorezan a creación de postos de traballo e anima aos parados e paradas a seren a vangarda da mobilización social

A asemblea de desempregados/as organizada arredor da CIG de Ferrol levou a cabo este un encerro na oficina do Inem (da Avenida de Vigo) en demanda de políticas que favorezan a creación de postos de traballo e contra dos recortes sociais e laborais impostos polos gobernos. O colectivo mantivo a súa protesta até que foron desaloxad@s pola policía sen que se producisen incidentes, para visibilizar que son "desempregado@s, pero non parad@s".

Con esta mobilización, a asemblea de desempregados/as quixo denunciar publicamente a difícil situación na que se atopan milleiros de traballadores e traballadoras sen emprego e demandar dos gobernos políticas que favorezan a creación de postos de traballo no canto de aplicar brutais recortes sociais e laborais. Así mesmo, o colectivo pretende vertebrar un movemento de persoas desempregadas/as e concienciar aos parados/as da necesidade de seren os primeiros en mobilizarse na defensa dunhas condicións de vida e traballo dignas, xa que son as primeiras vítimas das políticas neoliberais de recortes.