Fruga denuncia un ‘plante’ da Consellería a un cento de axentes de innovación

Ninguén do departamento autonómico asistiu a unhas xornadas nas que estaba anunciada a súa presenza: “Ou non ten feitos os deberes ou quixonos ocultar as súas propostas aos que hoxe nos reunimos en Mabegondo”.

Ningún representante da Consellería de Medio Rural e do Mar asistiu nesta sexta feira a unhas xornadas en Magebondo sobre retos do ampo galego e na que estaba prevista a súa presenza. Unha ausencia, denunciada pola Fruga, que supuxo dar un ‘plante’ a representantes de colectivos e institucións, así como a un cento de axentes de innovación.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) acollía unha xornada organizada pola Fundación Juana de Vega que tiña por título: “Retos e oportunidades para o campo galego: Aplicación na Galiza do partenariado europeo para a inovación”. Esta xornada procuraba, explica a Fruga, dar a coñecer o novo modelo que desexa implantar a Unión Europea para fomentar a a inovación no sector agroalimentar, mediante o “Partenariado Europeo para a Inovación”. Esta metodoloxía asenta no traballo colaborativo entre os distintos parceiros do sector mediante a constitución de Grupos Operativos.

Mais ningúen da Consellería, malia estar prevista a súa presenza, apareceu alí para falar duns temas de tanta importancia. Algo que para a Fruga sinala que “parece que non ten nada a dicir ao respeito, cando nestes mementos se debería encontrar traballando sobre o PDR galego para o período 2014-2020. Polo tanto ou non ten feitos os deberes, o que resultaría moi grave, ou quixonos ocultar as súas propostas a mais de 100 axentes de inovación que hoxe nos reunimos en Mabegondo para as coñecer de primeira mao, o que tamén resulta grave e ante todo unha falta de respeito” .