Prisa deixa de cotizar na bolsa de Nova York após se afundir un 88% desde a súa chegada

O grupo español despídese catro anos despois de desembarcar no parqué estadounidense da man de Liberty.

Prisa pon fin á experiencia norteamericana. O grupo de comunicación español deixará de cotizar a finais deste mes na bolsa de Nova York segundo informa Ecoteuve. Farao o 22 de setembro, case catro anos despois de aprobar o seu desembarco nesta bolsa de EUA da man de Liberty, que inxectou 661 millóns de euros para refinancialo.

Ecoteuve afirma que Martin E. Franklin, co-fundador de Liberty, subliñara daquela que “cotizando en EUA e en España, Prisa será unha empresa máis plural e internacional”. O empresario deixou o consello de Prisa e os plans de expansión están paralizados.

O grupo presidido por J.L. Cebrián xustifica esta decisión após se decatar do “baixo volume de operacións dos seus títulos en Estados Unidos. Neste sentido, o volume de negocios de Prisa foi de 3.851 títulos. Ecoteuve indica que a este escaso interese das persoas inversoras engádese que os títulos afundiron un 88,8 por cento desde 2011. No que vai de ano as accións caeron un 28% até os 1,14 euros por título.