Propietari@s estudan paralizar a venda de madeira a Ence

A pasteira anunciou unha rebaixa no prezo que ía pagar por tonelada de madeira aos seus subministradores galegos. Unha medida imitada por outras compañías do sector.

Colectivos e asociacións de propietarios de madeira están a manter contactos coa finalidade de unificar posturas e pactar unha resposta única fronte a Ence. A pasteira decidiu, segundo informa Economía Digital, un recorte de 3,5 euros que pagará por tonelada que compre. A súa factoría de Navia (Asturies) ten na madeira galega a canle de abastecemento.

Unha rebaixa así ten efectos e consecuencias nos colectivos e agrupacións de propietarios de madeira. Economñia Digital pon o exemplo de Promafoz, da localidade mariñá de Foz. Coa nova cotización perdcerían máis de 63.000 euros anuais.

Competencia irmandada

Mais non só Ence optou por pagar menos pola madeira. A súa competidora en Galiza, a portuguesa Portucel, outra gran consumidora de madeira galega, tamén vai rebaixar a cantidade que paga por tonelada. Canto? 3,5 euros, exactamente o mesmo que a pasteira sita en Lourizán.

Case o 90% da madeira que se tala no noso país é piñeiro e eucalipto. Por volta dunhas sete millóns de toneladas. O prezo do piñeiro caeu en só tres anos en 10 euros por tonelada (de 34 a 24). O do eucalpto baixou, mais non tanto.

En Galiza case o 70% do chan ten uso forestal, o que supón que estamos a falar de dous millóns de hectáreas, das que unhas 635.000 están desarboradas.