Protesta contras os recortes ás portas do Parlamento galego

Os sindicatos da área pública manteñen a dinámica de mobilizacións contra as tesoiradas de Rajoy e Feijóo no emprego e servizos públicos

Pola volta de 200 persoas concentráronse na tarde da quinta feira perante as portas do Parlamento galego, na xornada en que tiña lugar un pleno extraordinario onde o PP pretendía aprobar, facendo uso da súa maioría absoluta, a lei de adaptación en Galiza do decreto de recortes de Rajoy nas administracións públicas. As persoas concentradas defenderon o emprego e os servizos públicos, convocadas por diferentes organizacións sindicais e diante un cordón de seguridade de varios policías nacionais. 

No momento en que os lemas contra os recortes e medidas do goberno acadaban unha grande intensidade, a policía optou por pechar a enreixado de ferro que protexe a entrada ao Parlamento. Antes diso, parlamentares do BNG e do PSOE achegáronse até as persoas concentradas.

Os sindicatos sinalan que a degradación das condicións laborais dos e das empregadas públicas, así como o empobrecemento destes servizos van ser sofridos polo conxunto da cidadanía.