O Real decreto do Ministerio sobre a couza guatemalteca non convence a Fruga

A Federación Rural Galega empraza a Consellaría a consensuar un plan co sector que contemple axudas para as persoas afectadas.

O Real Decreto 197/2017, aprobado polo goberno español esta sexta feira e polo que se estabelece o programa estatal de control e erradicación da ‘Tacia solanivora’, ou praga guatemalteca da pataca, que afecta 31 concellos da Galiza, non convence a Fruga. A Federación considera que da norma despréndese que as persoas que aínda non plantaron as patacas van ficar sen indemnización durante os 2 anos da prohibición e aquelas que si plantaron (e que agora teñen a obriga de as destruír) só van recibir unha compensación polo tubérculo destruído. Ou sexa, explica a organización, as axudas non contenmplan o lucro cesante. 

A Federación entende que os produtores prexudicados “non son as responsábeis dos problemas causados pola presenza desta praga”, senón os principais afectados.  De aí que lamenten e denuncien que non unha “ política paliativa dos prexuízos causados ás persoas afectadas. Considerando afectadas tanto a quen as cultivas para o autoconsumo como quen as cultiva dun xeito profesional para a venda no mercado”.

Neste punto, a organización reclámalle á Consellería do Medio Rural un plano consensuado co sector que teña como base dous eixos. En primeiro lugar, evitar a extensión desta praga a novas zonas do territorio galego. E a isto engádese poñer en marcha unha liña de axudas para todas as persoas afectadas, tanto profesionais do sector produtor e comercializador, como as que define como produtores non profesionais.