O Supremo obriga a indemnizar as eléctricas polo 'bono social'

As compañías teñen dereito a unha indemnización do Estado por esta tarifa subvencionada.

O Tribunal Supremo tomba o 'bono social' e obriga a indemnizar as eléctricas por ter que pagar estes dous anos esa tarifa subvencionada para consumidores con baixos ingresos. Unha sentenza que vén dar a razón aos recursos interpostos por dúas compañías, EON e Endesa. A resolución recoñece o dereito de ambas as dúas a cobrar unha indemnización polas cantidades que tivo que asumir por esa tarifa. Ábrese a porta así a que outras empresas dean o mesmo paso e conseguir ser indemnizadas polo Estado.

A cantidade que desde 2014 pagaron as eléctricas polo 'bono social' supera os 500 millóns de euros. Este bono supuña un desconto do 25% para aqueles fogares con baixos ingresos e era unha medida que se anunciou para combater a 'probreza enerxética', que afecta a millóns de persoas no Estado. Os beneficiarios desta tarifa son 2,4 millóns.

As tres grandes eléctricas (Iberdrola, Endesa e Gas Natural-Fenosa) rexistraron un beneficio conxunto nos seis primeiros meses de 2016 de perto de 2.900 millóns de euros.