Villar Mir, o empresario que sabía demasiado do PP
O empresario madrileño, entre as principais fortunas do mundo e dono do maior grupo empresarial do Estado español, ten no noso país numerosos intereses económicos, que van desde o sector das infraestruturas públicas até o campo mineiro ou o enerxético. Analizámolos no Sermos246. Eis un extracto da reportaxe.
Os negocios de Juan Miguel Villar Mir remóntanse na Galiza á década dos noventa. Chegou avalado polo entón presidente galego Manuel Fraga até se converter nun dos maiores adxudicatarios de obra pública no país. A súa primeira grande operación foi a adquisición de Carburos Metálicos, cuxo accionista maioritario era a Corporación Banesto de Mario Conde, que controlaba plantas de ferroaliaxes en Cee e Dumbría vinculadas ás concesións das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande. O 20 de novembro de 1992, a prensa recollía os termos do acordo para a venda, nos que Villar Mir renunciaba á súa pretensión de segregar os negocios en dúas compañías distintas. Nacía así Ferroatlántica, un dos principais activos do imperio do empresario madrileño, considerado durante anos como o maior holding de capital español. Hoxe, o grupo busca a aprobación da Xunta para a venda das centrais hidroeléctricas por separado.
[A íntegra desta reportaxe tela no número 246 do semanario Sermos Galiza, á venda na loxa e nos pontos de venda habituais]