Xaneiro negro: o paro rexistrado aumenta en case 5.000 persoas e as afiliacións baixan en case 12.000

O inicio de ano nunca deixa bo datos no emprego, pagando a ‘resaca’ dun decembro onde aumentan as estatísticas de emprego a forza de empregos temporais polo Nadal e o aumento do consumo. Este mes de xaneiro reitera esa tradición: xaneiro deixa en Galiza perto de 5.000 persoas máis inscritas nos servizos de emprego e una caída na Seguridade Social de case 12.000 afiliacións.

 

O desemprego caeu en 2,63%, a un ritmo maior do que o fixo nese mesmo mes en España, onde a media foi de 1,87%. Mellor resultado dá a comparativa interanual, cun descenso nas persoas rexistradas no paro de 22.192 persoas, o que supón una baixada de 10,4%, una porcentaxe aquí si mellor que a española, que foi de 7,5%.

 

Nas afiliación á caída é significativa en xaneiro: 11.986 persoas menos, 1,2%, de novo peores rexistros que no Estado español, onde esa baixada foi de 0,9%. A perspectiva anual deixa 22.700 persoas afiliadas máis na Seguridade Social. Aumentou, logo, nestes meses 2,39%. En España foi de 3,4% esa suba.

 

Nos contratos, a tendencia que se ve desde hai anos: una enxurrada de temporalidade. Dos máis de 80.000 contratos asinados en xaneiro, case 73.000 eran temporais.