A Xunta deixa sen executar 330 millóns de euros de partidas para dinamización do rural

No exercicio 2016 ficaron sen executar nestes campos uns 100 millóns de euros.

A 30 de setembro a Xunta tiña sen executar 330 millóns de euros das partidas para dinamización económica e fixación de poboación no rural. Unha cantidade a engadir aos 100 millóns de euros que deixaron sen executar xa no exercicio de 2016.

 

A responsábel de Política Municipal do grupo parlamentar socialista, Begoña Rodríguez acusou o goberno galego de “facer unha gran mentira ao, como resultado dunha boa orzamentación que se traduce nunha mala execución”. Nas partidas de dinamización económica do rural só gastaron 32,3 por cento, mentres que na de fixación de poboación só executaron 6,3 por cento. Modernización e diversificación do tecido produtivo rural apenas gatou 33,9 por cento do orzsmentado, e en ordenación das producións forestais 36,8%.

 

Nos últimos nove anos Galiza perdeu perto de 10.000 persoas cada ano, entre as que se contan 1.400 menores de 20 anos, e un total de 54.874 habitantes nos concellos de menos de 10.000 habitantes.