Tereixa Paz di que a reforma educativa de Wert “retrotrae aos anos cincuenta”
A candidata do BNG pola provincia de Ourense, Tereixa Paz, amosou este sábado a oposición d@s nacionalistas ao nova Lei de Educación do PP, que imporá un currículo común ao todo o Estado, definido desde Madrid. En contra, o Bloque aposta por “restaurar a calidade do Ensino en Galiza e presentar un Recurso ante o Tribunal Constitucional contra a lei educativa do ministro Wert”.
Tereixa Paz realizou estas declaracións nun acto que tivo lugar en Ourense centrado ensino galego no que tamén participou o candidato Xosé Manuel Cid. A primeira destacou que “entre todos os recortes, aqueles que afectan á redución do profesorado e a masificación das aulas así como a eliminación de aulas educativas nos centros galegos”. “O BNG non continuará con estas políticas porque consideramos unha prioridade investir no ensino público galego”, engadiu.
Paz concluíu a súa intervención facendo referencia á “restauración da calidade do ensino galego e a eliminación de todos os concertos co ensino privado para defender a igualdade de oportunidades”.
Pola súa parte, Xosé Manuel Cid Fernández, profesor de Universidade, dixo que a nova lei educativa do PP é “segregacionista” e asegurou que de facérense efectivos os plans do goberno español “no futuro só poderán estudar @s ric@s”. “Se isto non muda, un dereito como o ensino converterase nun luxo”, completou o candidato do BNG.