Ana Cabaleiro: vivir os lugares

A escritora Ana Cabaleiro (Foto: Arxina).
Despois de internarse no mundo dos contos tradicionais e darlles unha nova ollada, e tras outras dúas novelas nas que as personaxes femininas teñen un gran protagonismo, Ana Cabaleiro (Silleda, 1974) regresou cunha obra que se afasta de todo o anterior: Xa vemos palmeiras (Xerais, 2023). A cabalo entre a crónica de viaxes, a novela e mesmo o ensaio, o libro parte dunha viaxe organizada que realiza unha muller en fin de ano ao deserto. Unha anécdota que lle serve á xornalista de Saídres para artellar unha trama con moitas reflexións sobre o presente.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.