A Audiencia Nacional concede a liberdade condicional a Uribetxeberria
Iosu Uribetxeberria podería quedar en liberdade condicional nos vindeiros días despois de que o xuíz Castro, lle concedese a liberdade condicional por "razóns humanitarias". A decisión de Castro contraria a opinión da Fiscalia e prodúcese após visitar no hospital Donostia ao propio preso.
Uribetxeberria padece un cancro terminal e o seu estado viuse agravado despois de manter unha folga de fame durante quince días a prol do cumprimento da lei. Ao longo deste tempo, foron numerosas as mostras de apoio e solidariedade recibidas polo preso arrasatearra, moitas delas incluídas manifestación e unha marcha que debía ter comezado a pasada cuarta, foron desautorizadas e prohibidas pola Audiencia Nacional que as considerou "actos de apoloxía ao terrorismo".
Malia todo, Iosu Uribetxeberria deberá agardar no hospital o tempo que dure a posibilidade de recurso --5 días hábiles-- de non se producir por parte de ningunha das partes, o preso será liberado.