Andoni Ortuzar, novo presidente do PNV: "Este Estado non nos vale nin a Euskadi nin a Catalunya"

A Asemblea Nacional do PNV elixiu esta mañá a Andoni Ortuzar novo presidente do PNV. Xornalista e sindicalista (foi presidente do Comité de Empresa de Deia), era desde Xaneiro de 2008 presidente do Bizkai Buru Batzar, a executiva biscaíña de EAJ-PNV.

Ortuzar - quen tamén foi director xeral da Euskal Irrati Telebista, a radio e televisión públicas de Euskadi- sucede a Urkullu, actual lehendakari, na lóxica bicéfala que rexe ao Partido Nacionalista Vasco na súa cúspide dirixente.

Nas súas primeiras declaracións como líder do partido, Ortuzar afirmou esta mesma mañá que o actual modelo de Estado "non vale nen para Euskadi nen para Catalunya", polo que cumpriría facer "outro mellor e canto antes".

O presidente do PNV mostrou a súa disposición ao diálogo co Estado español, mais a partir de dúas premisas básicas: "O respeito á bilateralidade e o recoñecimetno da identidade nacional basca e do seu dereito a decidir".