A cultura boicotea Israel

Nomes da literatura, as artes plásticas, as artes escénicas, o audiovidual, as artes plásticas ou o xornalismo comprométense nunha campaña a non presentar as súas creacións no estado de Israel até que non se respecten os dereitos do pobo palestino. A iniciativa ven de botarse a andar e fica aberta a todas as persoas da cultura galega que queiran asinar.

Luís Tosar, Cesáreo Sánchez, Mónica Camaño, Mónica de Nut, Cándido Pazó, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Comba Campoy, Isabel Martínez Risco, Vítor Vaqueiro ou Quico Cadaval son algunhas das sinaturas que asinan o manifesto “Boicote Cultural a Israel”.

Mediante o manifesto as persoas asinantes comprométense a non presentar as se dúas creacións artísticas en Israel até que non acabe a ocupación e colonización dos Territorios palestinos e mentres se lle sigan furtando os dereitos a palestinos e palestinas. “Unha realidade que denunciaremso sen ceder ás presións que o lobbi sionista exerce, aquí como no resto do mundo, sobre @s profesionais da comunicación”.

Denuncia o mundo da cultura as “reiteradas violacións do dereito internacional e o absoluto desprezo que Israel manifesta plas innumerábeis Resolucións das Nacións Unidas que condenan as súas políticas coloniais, discriminatorias e ilegais”. Suman a súa voz á campaña global que se solidariza co pobo palestino e demanda, entre outras cousas “o fin da ocupación e a colonización e o desmantelamento do Muro que divide Palestina, cuxa construción foi declarada ilegal pola ONU en 2004”. Reclaman tamén o recoñecemento dos dereitos fundamentais para aqueles palestinos e palestinas que residen no estado de Israel e “orespecto, a protección e a promoción do dereito ao retorno das persoas expulsadas da súa terra en 1948 polo exército regular e os grupos paramilitares sionistas e a devolución das súas propiedades nos termos estipulados pola resolución 194 das Nacións Unidas”.