Concentracións, marchas e sentadas para denunciar os recortes do PP

sentada
Empregad@s públic@s volveron, unha quinta máis, mobilizarse perante os seus centros de traballo convocad@s polas diferenets centrais sindicais

Edificios administrativos, centros de saúde, xulgados, delegacións, concellos, oficinas da Seguridade Social... numerosos centros de traballo en diferentes partes do país acolleron esta quinta mobilizacións de empregad@s públicos para protestaren polos recortes e medidas antisociais do PP. Desde sentadas a concentracións, as formas para protestar foron diversas.

As protestas forman parte do calendario de mobilizacións acordado polas organizacións sindicais para este mes de setembro, en que tamén se incluíu a convocatoria da concorrida manifestación celebrada o pasado sábado en Santiago de Compostela.

@s concentrad@s criticaron que tanto o goberno de Mariano Rajoy como o de Núñez Feijoo aposten por deixar a xestión dos servizos públicos en mans de empresas privadas, entrementres “arremeten sen contemplacións contra o persoal do sector público, recortando os seus dereitos laborais e sindicais, destruíndo emprego e intentando socavar a confianza da cidadanía con campañas mediáticas e políticas destinadas a desacreditar a súa imaxe”