Convocan unha concentración diante de NGB contra un novo desafiuzamento
03 de abril de 2014 (10:08 h.)
Stop Desafiuzamentos Compostela convoca unha concentración diante de Nova Galicia Banco na Praza de Galiza para esta quinta ás 17.30 en apoio de Xesús e Carme a quen lle quitarán a casa por impagamento dentro dunha semana.
A próxima quinta feira sairá á poxa a casa de Xesús e Carme do que STOP desafiuzamentos responsabilizan a NGB, coa “complicidade” de BBVA e o Xulgado de Carballo que non paralizou a poxa da vivenda. A parella reside coa súa nai e o domicilio é a súa casa de toda a vida.
Stop desafiuzamentos entenden que a presión popular é a única forma de paralizar a poxa e o desafiuzamento da familia polo que convocan unha concentración diante de NGB na Praza de Galicia de Compostela esta quinta día 3 de abril ás 17.30 horas.