Cores e Kavafis contra a intolerancia

'Orgullos@s da nosa identidade'. Baixo esta premisa,un grupo de persoas reivindicou en Compostela a igualdade de dereitos para todas as opcións sexuais

A bandeira do arco da vella, un poema de Kavafis e un grupo de persoas dispostas a defender o dereito de calquer ser humano a vivir a súa identidade sexual como mellor lle pareza. Non fixo falta nada máis este sábado en Compostela para deixar clara unha mensaxe contra a intolerancia. Unha pequena manifestación saiu da Alamedfa compostelá pasadas as sete da tarde para, tras percorrer varias rúas con lemas como 'Tod@s temos os mesmos dereitos' ou, ao paso a carón de edificios da igrexa, 'Os confesionarios tamén son armarios';  reclamar a igualdade real e os dereitos das persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.

A manifestación finalizou na Praza de Cervantes (tradicionalmente, do Pan), onde a rianxeira Esther F. Carrodeguas, deu lectura a un poema de Kavafis e reivindicou o dereito á diferenza e o respeto.