Denuncian que a Xunta paga sete millóns de euros por uns servizos de limpeza que non se prestan

A Xunta de persoal afirma que o contrato de limpeza anual dos edificios administrativos ''non se cumpre'' e pregunta ''se estamos ante indicios de prevaricación''.

A Xunta de persoal dos servizos centrais da Xunta de Galiza denuncia que o goberno galego paga perto de sete millóns de euros a unha empresa para que realice uns servizos que non se están a prestar. Unha situación que debe ser, e máis nun contexto en que o goberno galego fai bandeira da 'austeridade', denunciable. “A Xunta está a pagar por uns servizos que non se prestan. Cabe preguntarse se sobra o diñeiro ata tal punto de poder permitirse este incumprimento ou se estamos ante un indicio de prevaricación”.

“O 31 de maio de 2012 formalizouse o contrato de Iimpeza dos distintos edificios administrativos da Xunta. A empresa gañadora foi a única que se presentou: Limpiezas Pisuerga Grupo Norte, S.A. A Xunta de persoal afirma que “logo da lectura dos pregos, podemos asegurar que o mencionado contrato está sendo incumprido, sen que por parte da Administración se impoñan ao adxudicatario ningún tipo de penalización ou se teña resalto este, con perda da garantía, tal e como establecen os pregos e a lexislación correspondente”.

“Os mencionados feitas poderían ser constitutivos de indicio penal”, consideran os representantes do persoal. “Non pode ser que unha empresa se beneficie do incumprimento do establecido nos pregos de contratación cuns aforros de custos e a administración non esixa o cumprimento do contrato senón que lIe dea o visto bo a uns Servizos que non se prestan e si se cobran”.