Galiza continuará a ter axudas da UE até 2020, mais moi minoradas

Dimitris Christofias e Durão Barroso
Galiza non ficará á marxe das axudas da UE para o periodo 2014-2020, mais veranse afectadas por recortes que poden ser considerábeis e que fan difícil atinxir os 3.500 millóns de euros aos que aspira o goberno galego

 

O feito de a Galiza superar, segundo os parámetros europeos, o 90% do PIB medio da UE ten como consecuencia unha mudanza drástica nas axudas que podería percibir no periodo 2014-2020. Desde a presidencia da UE vénse de informar á Xunta que esas axudas manteranse, mais que  van verse minguadas. O obxectivo do goberno galego de recibir neses anos por volta de 3.500 millóns de euros semella, pois, máis que difícil.

A presidencia europea, que neste semestre recae no chipriota Dimitris Christofias, fixo unha proposta con importantes recortes. Unha proposta que está a ser obxectivo de debates e análises. Desde a Xunta xógase a baza da 'aterraxe suave' ou 'rede de seguridade', como baza que lle permita manter, malia pasar Galiza da categoría de menos desenvolvida a máis desenvolvida, unha parte das axudas (en torno ao 60% das que recibía).

Mais semella difícil que iso se atinxa. Os ventos sopran a prol de recortes e austeridade tamén nas contas europeasAlgúns países de peso apostan por retalladas duns 100.000 millóns de euros nos orzamentos europeos. 

Importancia

Neste debate, o BNG, a través da eurodeputada Ana Miranda, xa sinalou hai uns días que "non ten sentido que Galiza agora pase a estar na categoría de nacións máis ricas cando a situación é dramática".

Para a eurodepurtada, o obxectivo pasa por acadar que Galiza conserve unha parte substancial dos fondos "porque aínda os necesita, e non é críbel que, despois de estar 25 anos entre a categoria dos territorios de menor renda ou máis pobres, de repente, dando un chimpo no baleiro, pasemos ao grupo dos máis ricas de Europa. Por tanto, ten que haber un suposto pensado para os territorios que deixen o furgón de cola por primeira vez, con independencia de que técnicamente superen o umbral do 90% do PIB comunitario, como lle pasa a Galiza, que está no 91,3%".

"Doutra banda, defendemos que para calcular o PIB se teña en conta os datos de 2011, 2012 e mesmo de 2013, que poden dar unha imaxe máis real da situación de Galiza que os datos barallados agora. Non debemos esquecer que os fondos europeos que agora se negocian non estarán dipoñíbeis até 2014, polo que non ten sentido facer os cálculos sobre a situación económica dos territorios en 2010, e menos cando estamos en pleno furacán da crise. O BNG propuxo ademais que se incluíse o criterio".