Máis unha asasinada pola violencia machista

A muller foi asasinada en Marín por un home con antecedentes por violencia machista.

 

O autor do asasinato confesou á Garda Civil ter matado á muller, de 45 anos de idade, após ser detido. O individuo contaba con antecedentes por violencia machista. Porén, neste último caso non consta que huber denuncias previas. 

O asasinato tivo lugar a pasada quinta feira (26 de decembro) e das investigacións policiais, xunto coa confesión do home, determinaron que se trata de máis un caso de violencia de xénero. 

Con esta, suman dúas as mulleres mortas este ano na Galiza. Cincuenta no conxunto do Estado español.