Mobilizacións esta quinta feira na defensa do ensino público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca na tarde desta quinta feira mobilizacións en diferentes cidades e vilas contra da aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE)

 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten convocada mobilizacións en todas as comarcas esta quinta feira, 31 de xaneiro, en contra da aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE). A Plataforma, integrada por membros de toda a comunidade educativa, fai un chamamento aos pais e nais, alumnado, profesorado e sociedade no seu conxunto para que participen nas concentracións convocadas de xeito simultáneo nas sete cidades ás 19:30 horas.

Lugares das concentracións:

A Coruña: Praza de Pontevedra

Ourense: Xefatura Territorial de Educación

Lugo: Subdelegación do Goberno

Vigo: MARCO

Santiago de Compostela: Praza do Toural

Pontevedra: Praza da Peregrina

O Barco de Valdeorras: Praza do Concello

Ferrol: Edificio Administrativo da Xunta

Carballo: Praza do Concello

Lalín: Praza do Aviador