O Depor xa vendeu máis de 5.000 billetes para #onosoderbi

Estadio de Riazor
O Depor ten á venda billetes para o partido contra o Celta con prezos que van de 50 a 65 euros. O Celta ten 868 entradas reservadas

 

A venda de billetes para o derbi entre o Depor e o Celta (sexta feira, 21:45 horas) funciona moi ben e xa se venderon 5.000 de público na Oficina de Atención a Soci@s de Riazor. Como noutras grandes ocasións, a entrada é de balde para @s soci@s. Aliás, cada un del@s poderá retirar, da súa mesma bancada ou semellante, un máximo de dous billetes a 25 euros cada un. Segundo informou o clube, fican aínda entradas deste tipo en Tribuna Superior, Tribuna Inferior, Tribuna Dianteira e Preferencia Superior. Segundo fontes do propio clube, agardan que estes días colocarán todas as existencias.

O clube coruñés reservou 868 billetes en Riazor para o Celta, en Preferencia Superior Lateral

De 50 a 65 euros

Os prezos dos billetes en venda ao público para ver o derbi entre o Depor e o Celta, aprobados polo Consello de Administración do clube, están entre os 50 e os 65 euros. O máis caro é a de Tribuna Superior (65 euros) mais tamén hai en Tribuna Inferior (60 euros), Tribuna Dianteira (55 euros), Preferencia Superior (55 euros), Preferencia Inferior (50 euros), Preferencia Inferior Lateral (50 euros), Maratón Superior (só seareir@s do Deportivo, 50 euros), Maratón Inferior (só seareir@s do Deportivo, 50 euros), Pavillón Superior (50 euros) e Pavillón Inferior (50 euros).

O clube coruñés reservou 868 asentos en Riazor para o Real Club Celta en Preferencia Superior Lateral. O prezo será de 40 euros, o mesmo que tiveron @s seareir@s do Depor que se deslocaron a Vigo no derbi de Balaídos. O acordo entre ambas directivas facilitou a ambas equipas teren a posibilidade de contar con seareir@s nos seus deslocamentos.