O goberno de España prohíbe poñer Lenine de nome

Considera que para o "sentir popular" é un apelido, polo que pode dar lugar a confusións. A medida obriga aos Lenines (nome relativamente común en América Latina)  a cambiar de nome de se rexistrar no Estado español

 

Os rexistros civís españois estaban a prohibir a inscrición do nome Lenine (un nome relativamente frecuente en países do centro e sur do continente americano). Esa prohibición levou o deputado Gaspar Llamazares a presentar unha pregunta no Parlamento. Ao non admitir os rexistros Lenine como nome, obrigaba a cidadáns estranxeiros que obtiñan nacionalidade española e que tiñan ese nome a cambialo. Así, por exemplo, Leline, o famoso músico brasileiro (que se chama Lenine Macedo Pimentel) tería que cambiar de nome de se rexistrar en España.

O goberno español permite, iso si, que alguén se inscriba co nome de Vladimir Illich

A resposta do goberno non ten desperdicio: Afirma que o "sentir popular" identifica Lenine cun apelido, polo que pode dar lugar a confusións. E indica que "segundo a doutrina están prohibidos os nomes que fagan confusa a identificación das persoas", algo que acontece, prosegue, "cando o nome pode ser confundido cun apelido".

Lenine non era nen nome nen apelido, senón sobrenome de Vladimir Ilich Ulianov. Iso si, o goberno español permite que alguén se inscriba co nome de Vladimir Illich

Desde 1977 a lei estabeleceu a liberdade de uso de nomes, apenas co limite do bo senso: “o respeito á dignidade da própia persoa”. Tamém están prohibidos os nomes que induzan a confusión a respeito do sexo do bebé.Tamén se prohíbe poñer o mesmo nome a dous irmáns e son vetados os nomes que tornen confusa a identificación. Este último suposto é ao que se acolle o goberno español