Parad@s sen prestación e a folga no ensino, neste Sermos nº84

Capa do nº84

Un novo semanario saíndo do prelo e tan completo como sempre. Falamos con Berrogüetto, entrevistamos á meteoróloga Bea Hervella, viaxamos a Escocia para partillar a súa paixón pola independencia, debullamos novos proxectos de deseño. Xa dispoñíbel na nosa loxa.

Sermos Galiza nº84. Xa está a saír do forno. Un pasiño máis no camiño da prensa en galego. Neste semanario, achegámonos até as persoas desempregadas que non cobran ningunha cotización. Son máis de 120.000 e a mingua da rede social sitúaas nas portas da exclusión.

Tamén falamos da folga no ensino do vindeiro 20 de febreiro, Afondamos nos por qués, falamos con representantes das entidades convocantes, explicamos que é o que nos xogamos...

No eido da Política metemos o dente na aposta do PP por facer o haraquiri parlamentar e achegámonos á postura do nacionalismo sobre o euro (cunhas eleccións europeas á vista). E achegámonos até os laboristas escoceses que apoian a independencia.

Cicloxénese explosiva

Entrevistamos á meteoróloga Bea Hervella, que nos debulla as chaves do tempo que sofremos nestas semanas. Unha vaga de temporais que ten efectos prexudiciais na frota pesqueira galega, que acumula perdas e frustracións.

Mais neste Sermos hai moito máis: entrevistamos á artista Tareixa Taboada e a contadora e fotógrafa Soledad Felloza, así como ao critico de cinema Andrés Castro.