O PP gasta 1.400.000 euros no cuarto campo de fútbol de Ribadumia

Infografía da pousada de Ribadumia

Ribadumia conta con tres campos de fútbol mais o PP vai a polo cuarto no que investirá 1.400.000 euros. É unha das “ocorrencias” que, segundo o BNG, lle custan 1.000 euros a cada veciñ@. 

Co amparo do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, Ribadumia, o que era o seu concello está a padecer, segundo o BNG un “auténtico malbaratameno de recursos públicos”. 

Ademais dos 1.400.000 euros que investirán no cuarto campo de fútbol, o PP está a gastar 200.000 euros dos cartos públicos no arranxo dunha igrexa obras que, na maior parte das parroquias sufragan os propios veciños. Suman aínda os 3.000.000 de euros que a Deputación de Pontevedra destina á construción dunha pousada, cartos que se engaden aos 1.800.000 para a adecuación de espazos anexos. Destas actuacións estelares, o BNG sacou conta dun gasto de 5.400.000 o que supón “que cada veciño de Ribadumia ve como 1.080 euros dos seus impostos son usados para actuacións que non contan con ningún interese nin respaldo social e non servirán para paliar as consecuencias da crise”.  

Para o responsábel local do BNG, Aleixo Vilas en Ribaduvia se está a representar unha nova versión do “pan e circo romanos”, desta volta, transformado en “igrexa e fútbol”. “Os multimillonarios excesos faraónicos do PP, tales como aeroportos baleiros ou Cidades da Cultura seguen a ter a súa continuación no momento de maior desemprego da historia de Galiza”, engade.