"Sentimos raiba ao comprobar que non se vai facer xustiza"

Cristóbal González

Cristóbal González Rabadán é o presidente de Apafas (Asociación de Prexudicados polo Accidente Ferroviario do Alvia de Santiago de Compostela), foi un dos feridos no sinistro ferroviario de Angrois do 24 de xullo. "Deixáronnos sós. Só sentimos cerca o xuíz Alaez".

Cristóbal González Rabadán é o presidente de Apafas (Asociación de Prexudicados polo Accidente Ferroviario do Alvia de Santiago de Compostela), plataforma que creou con outras vítimas apenas uns días despois de saír do hospital, onde estivo ingresado polas feridas sufridas na peor traxedia da Galiza contemporánea, que deixou 79 falecid@s. "Este accidente podía terse evitado. Iso é o que máis raiba me dá", confesa este sevillano, militar retirado e afeccionado ao triatlón. No momento do accidente pensou que ía morrer, polo que se despediu da súa muller por whatsapp. Agora, contempla con "preocupación" e "frustración" as últimas novidades xudiciais. "Isto ten trazas de que se vai pechar cargando toda a responsabilidade unicamente no maquinista. E iso non é xustiza". 

Velocidade inadecuada e despiste do maquinista por responder ao teléfono. Esas son as únicas causas do accidente para a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF). O único responsábel do acontecido, o maquinista. Como valoran este informe?

É un informe ao gosto do fiscal. Acata a súa tese de que a falla do sistema de freado adecuado, e que tiña que estar aí, non ten a ver co sinistro. Malia informes, estudos e documentos de peritos e expertos que cuestionan esa versión, a CIAF deuna por boa.

Por que consideran que esa comisión dá por boa a versión oficial? 

A CIAF non ten total independencia, depende xerarquicamente do Ministerio de Fomento, por iso non actúa con autonomía propia. Nós vemos que se racha o fío de esperanza que aínda tiñamos de que se fose facer xustiza. E non podemos evitar sentir raiba.

A entrevista completa neste Sermos Galiza nº99, ao voso dispor nos quiosques do país ou na nosa loxa.