5.343.358 cataláns chamados a votar en 2.315 colexios electorais

“O domingo votarase”, afirma o portavoz do Govern, Jordi Turull, que anunciou que teñen un plan B en caso de que se fechen colexios e requisen urnas. No dispositivo do domingo tomarán parte 7.235 voluntarios.

O Govern catalá deu esta sexta feira detalles do dispositivo do referendo do vindeiro domingo. Nunha comparecencia conxunta do portavoz do executivo catalán, Jordi Turull, o vicepresident Oriol Junqueras, e o conseller Raül Romeva revelaron algúns detalles da votación.  “Domingo votarase”, afirmou Turull antes de informar que os colexios electorais estarán abertos de 9:00 até 20:00 horas. 5.5.343.358 cataláns están chadamos a votar e poderano facer en  2.315 colexios electorais e 6.249  mesas.

 

Turull tamén anunciou que haberá 7.235 persoas voluntarias que colaborarán coa realización do referendo de entre os 50.000 persoas que se ofreceron a axudar. Durante o 1 de outubro o Síndic de Greuges  (Valedor do Pobo catalán) e observadores internacionais estarán toda a xornada pendentes de que non se vulneren dereitos fundamentais. “Todo o que queira votar, poderá votar”, reafirmou Turull, que acabou a súa intervención citando o ex-president Francesc Maciá: “Domingo, cada quen no seu lugar e Catalunya no corazón de todos”.

 

De por parte, o conseller Raul Romeva quixo deixar claro que o 1-O non é un ataque a ninguén senón unha “oferta para poder construír unha sociedade mellor”. Oriol Junqueras destacou que nin o Govern nin a cidadanía están a facer nada malo e asegurou que se se requisan urnas “poderase votar, hai alternativas”.  Junqueras demandou á sociedade catalá que “non caian nas provocacións dos que queren impedir votar”.

 

O goberno catalán quixo garantir que ten un plan B para que a cidadanía poida votar embora se pechen colexios e retiren urnas. Unhas urnas que foron presentadas neste acto. Son de plástico e levan o logo da Generalitat

 

O vicepresidente afirmou que os resultados da xornada terán “toda a validez que lles corresponde”