A crise que vén
A financeirización, como resposta á tendencia ao estancamento do sistema, concrétase nun maior peso das actividades financeiras no conxunto da economía, determinando toda a lóxica produtiva e favorecendo unha distribución menos equitativa da renda. O aumento das desigualdades sociais, derivado da perda de peso dos salarios, maniféstase nun incremento da polarización social e na perda de poder adquisitivo dos traballadores, afectando de xeito decisivo a demanda agregada e o consumo interno.
As diverxencias e asimetrías cada día maiores entre os diversos bloques rexionais e tamén no interior dos mesmos medra a medida que se intensifica o proceso de globalización.
Duplícase nunha década o volume dos derivados
As medidas adoptadas hai unha década para responder á conxuntura económica consistiron en repetir as políticas que tiñan ocasionado a crise. O proceso de financeirización, lonxe de recuar, viuse impulsado polas propostas de estímulo postas en marcha polos gobernos e os bancos centrais. Así, a borracheira de liquidez promovida por estes últimos serviu para favorecer novas burbullas en diversas partes do planeta, aumentar os índices de endebedamento públicos e privados ou incrementar a masa de produtos financeiros complexos, até o punto de duplicarse desde 2009 até hoxe o volume dos derivados.
[Podes ler a análise completa no número 361 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]