A muller máis rica do mundo pide que se baixe o salario mínimo

A australiana Gina Rinehart, herdeira dun imperio mineiro, avoga por unha baixada do salario mínimo e por reducir impostos para sair da crise

Gina Rinehart,é cabeza do grupo Hancock Prospecting, e cunha fortuna que se calcula en torno aos 24.000 millóns de euros é a muller máis rica do mundo. Rinehart vén de criticar o que califica de medidas "socialistas" do goberno australiano (que aprobou novos impostos á minaría e ás emisións de carbono) e propuxo como decisións a tomar para mellorar a economía as de rebaixar o salario mínimo e baixar os impostos.

Mais non só iso. Esta australiana tamén se referiu á xente que "envidia" aos que teñen máis cartos e son máis ricos, dicíndolles que "non fiquen sentandos queixándose. Fagan algo para gañar máis, pasen menos tempo bebendo, fumando e parolando, traballen máis".

Estas opinións de Gina Rinehart nunha revista financeira xa xeraron as primeiras reaccións, como a do goberno de Australia, que calificou as opinións da multimillonaria de "insulto".