A ONU chama Israel a se adherir ao Tratado de non proliferación nuclear
06 de decembro de 2012 (12:15 h.)
A Asemblea xeral das Nacións Unidas aprobou, por 174 votos a favor, seis contra e seis abstencións, unha resolución que apela a Israel para abrir o seu programa nuclear a inspeccións da Axencia internacional de enerxía atómica e a se adherir “o máis rápido posíbel” ao TNP (Tratado de non proliferación nuclear)
A resolución da ONU non obriga Israel a a cumprir, mais ten unha grande importancia, pois apunta un estado de opinión na comunidade internacional e ten implicacións políticas. Israel sempre mantivo un silencio cando era preguntado sobre o seu arsenal nuclear, nin desmentindo nin confirmando o mesmo, aínda que existe un consenso internacional en torno a que este estado si posúe armamento nuclear.
Estados Unidos votou contra esta resolución mais apoiou dous puntos da mesma: o apoio á adhesión universal ao TNP e unha chamada a aqueles países que non o suscriben a que o fagan o antes posíbel. Un brinde ao sol, como lembran