Atenas acolle en abril un Encontro europeo anti-fascista

Do 11 ao 13 de abril a capital grega será escenario de diferentes actos no marco dunha cita convocada coa finalidade de se coordinar na defensa dunha Europa “ceibe de fascismo, racismo e sexismo''.

Cunha extrema dereita en alza e un populismo en auxe Europa volve mirar nas vellas pantasmas. 'De Francia a Ucraína e de Noruega a Grecia, Non Pasarán!'' é a palabra de orde dunha cita que decorrerá en Atenas do 11 ao 13 de abril: o Encontro europeo anti-fascista, que se desenvolverá na Facultade de Belas Artes.

“Debemos transmitir unha mensaxe de loita coordinada contra o fascismo, tomando iniciativas a nivel europeo”, sosteñen os organizadores. Partidos e organizacións xenófobas e da extrema dereita “comezan a ter influencia na sociedade” en non poucos estados europeos. “Están nos parlamentos, involúcranse en colectivos, sociedades, fan traballo a nivel de rúa...” alertan @s anti-ascistas a respecto destas organizacións.

Esta auxe “non sae de ningures” senón que responde a unha serie de circunstancias políticas, económicas e sociais “nas que tamén tivo a s´ñua importancia” que desde os gobernos e medios se defendesen, aplicasen e validasen políticas contra @s inmigrantes, pobres...

@s organizador@s da encontro sosteñen que en plena vaga de ataques neoliberais a dereitos sociais e liberdades políticas, e co fascismo xa presente a cara descuberta, débes