CASO NóOS

A Audiencia de Palma ratifica a imputación da Infanta por dous delitos fiscais mais non por branqueo

A ‘doutina Botín’ pode librar a irmá de Felipe VI de sentar no banco d@s acusad@s.

 

A Audiencia de Palma mantén a imputación da infanta Cristina no caso Nóos por dous delitos fiscais mais non por branqueo de capitais. Anticorrupción e as acusacións particulares e popular poderán pois acusar á irmá de Felipe VI re pedir que sexa xulgada. O fiscal pedía o arquivo da causa respecto á Infanta.

Mais Cristina de Borbón pode librar de se sentar no banco dos acusados pola coñecida como ‘doutrina Botín’. Esta xurisprudencia elaborado polo Tribunal Supremo, dicta que unha persoa imputada no sentará no banco se sobre ela só recae unha acusación popular, por non estar acusado pola Fiscalía nin polas persoas directamente afectadas polo proceso (acusación particular). E neste caso nin Avogacía do Estado nin fiscal consideran que exista fraude fiscal.

A investigación céntrase na suposta malversación de seis millóns de euros públicos polo Instituto Nóos, sen ánimo de lucro, e creado por Iñaki Urdagarín e o seu socio Diego Torres, e en cuxa xunta participou a Infanta.